Historial do Grupo

O laboratorio de "Epixenética do cancro: Alteracións da metilación do DNA e da cromatina" dirixido polo Dr. Manel Esteller iniciou as súas actividades o 1 de Xaneiro de 2001 no Programa de patoloxía molecular do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO). O grupo estudia as alteracións epixenéticas que afectan ós tumores humanos dende múltiples vertentes, tanto nas que se refiren ós aspectos translacionais (determinación dos patróns de metilación e cromatina aberrante no cancro humano e o seu contexto xenotípico, así coma o seu posible uso en screening biomoleculares e a súa reversión por axentes químicos) coma ós básicos (bases moleculares da metilación e cromatina anómala en cancro humano).

O Dr. Manel Esteller realizou a súa tese doutoral en xenética molecular do cancro de mama e xinecolóxico no Hospital Vall d´Hebron en Barcelona, durante 1995 foi investigador invitado na School of Biological and Medical Sciences da Universidade de Saint Andrews no Reino Unido, onde estudiou familias con mutacións xerminais en BRCA1, p53 y ATM. En Xaneiro de 1997 comezou o seu periodo postdoutoral no Centro Oncolóxico da Johns Hopkins University and Medical Institutions en Baltimore (USA), no laboratorio dos doutores Steve Baylin e James G. Herman, pioneiros no campo da metilación aberrante en cancro. Dende Outubre de 1999 ata a súa incorporación ó CNIO, O Dr. Manel Esteller ocupou a posición de Research Associate en dito laboratorio. Durante este periodo o Dr. Manel Esteller publicou o seu traballo en 46 artigos e 5 revisións nas máis prestixiosas revistas científicas e médicas (New England Journal of Medicine, Nature, Journal of The National Cancer Institute, Cancer Research, Oncogene, Genes, Chromosomes and Cancer, Clinical cancer Research, American Journal of Pathology, Journal of Clinical Oncology, Human Molecular Genetics, etc.). A súa labor investigadora recibiu, entre outros, o Premio de Investigador Xove do Cancro da American Association for Cancer Research (1999 e 2001) e da European Association for Cancer Research (2000). O Dr. Esteller tutelou durante toda a súa carreira investigadora a numerosos investigadores e bolseiros pre e post-doctorais.

Na actualidade, o grupo conta con dous investigadores de plantilla, os doutores Esteban Ballestar e Michel Herranz, quen posúen unha ampla experiencia investigadora e docente. O Dr. Esteban Ballestar realizou a súa labor investigadora e docente na Universitat de València e no National Institutes of Health en Bethesda (USA). Pola súa parte, o Dr. Michel Herranz realizou o seu doutorado e participou nas labores docentes na Universidad Autónoma de Madrid e continuou o seu traballo na University of Columbia, New York, ata a súa incorporación ó CNIO. O grupo conta con 5 bolseiros postdoctorais, Mario Fraga, Jesús Espada, Rubén Agrelo, Santiago Ropero e Manuel Boix. As especialidades dos distintos investigadores facilitan o desenrolo de proxectos multidiciplinais que cobren distintas áreas como a Patoloxía molecular, Bioquímica e Bioloxía celular, ademáis de propiciar un entorno adecuado para o acadamento de proxectos e a formación de bolseiros predoctorais. O grupo de Epixenética do cancro conta con 5 bolseiras predoctorais, Ana Villar Garea, Lidia López Serra, Rocio González, Filipe Jacinto e Paz Quesada. Durante os tres anos de existencia deste grupo, remataron os seus cursos de doutorado e acadaron o D.E.A. Así mesmo asistiron a congresos internacionais e publicaron parte do seu traballo de tese doutoral en revistas científicas de prestixio. Os excelentes resultados dos doutorandos do grupo de epixenética avalan a capacidade formativa do mesmo.


webpage designed by
neloboix